Conservadora e restauradora de bens culturais

Especializada en patrimonio arqueolóxico, patrimonio arquitectónico, e debuxo arqueolóxico.

Benvido a DaFonte Restauración. Neste espazo, invítote a descubrir máis sobre o meu traballo, os meus proxectos e como xuntos podemos protexer e manter viva a nosa historia.

María De La Fuente,
conservadora de restauración

O meu nome é María De La Fuente Ferreiro, conservadora de restauración. Comecei os meus estudos no ano 2014 na Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia e no ano 2019 obtiven o título de Grao en Conservación e Restauración de Bens Culturais na especialidade de Arqueoloxía, tras o que comecei o Mestrado Universitario en Arqueoloxía Náutica e Subacuática pola Universidade de Cádiz, rematándoo co TFM titulado: Proposta de Parque Arqueolóxico Subacuático da Ría Del Eo. Mentres, fixen diversos cursos de debuxo arqueolóxico, museografía, turismo cultural, restauración de patrimonios, etc.

Dende que rematei os meus estudos traballei en diversos proxectos de restauración, posta en valor e musealización de xacementos arqueolóxicos e rehabilitación de monumentos históricos. Ademais de diversos proxectos de divulgación histórica e científica sobre o patrimonio arqueolóxico subacuático.